martes, 14 de abril de 2020

RECURSOS EDUCATIVOS 3º TRIMESTRE



RECURSOS EDUCATIVOS 3º TRIMESTRE

Comeza un novo trimestre, e con él unha nova andaina..... benvid@s ao noso blog!!!








______________________

BO VERÁN!!!!!!!


Bueno meus peques!!! Remata este curso tan raro e á vez tan especial!!!!  Especial porque empezástedes a escola e non puidestedes experimentar todas as vivencias que tiñamos pensado, pero ao mesmo tempo tamén foi especial porque aprendemos outras cousas, e pasamos moito tempo coas nosas familias, que sempre o botamos de menos en circunstancias normais!!!Deséxovos que disfrutes do verán, e decirvos que nos vemos en setembro, ou íso esperamos!!!! E poder compartir moitas experiencias todos xunt@s!
A profe Rocio mándavos un bico virtual enorme!!!!









______________________

REMATA O COLE......NA CASA.....



Bo día peques!!!! esta semana remata o cole tan raro que tuvemos! Moitas gracias por traballar tanto!!! E por levar tan ben esta situación!!!!Esta semana non tedes tarefas,  tan só vos deixo unha recomendación dunha páxina web onde tedes uns puzzles on line por si queredes xogar un pouquiño! escribireivos  algún día máis!  Sobre todo o venres que será o último día de cole!!!!!



Moitos bicos virtuais!!!!!


//www.juegosinfantilespum.com//









8-12 xuño

______________________

ACTIVIDAD ARROZ SENSORIAL




Esta semana propóñovos unha actividade moi interesante "arroz sensorial":


Para facer esta actividade precisamos os seguintes materiais:


- arroz branco (cru)- bolsas con peche hermético- colorante alimentario- alcohol- auga morna- cubetas- papel parafinado (de forno) para secar


Xa tedes todo o material? Pois comezamos....


Dentro dunha bolsa hermética metemos aproximadamente unha cunca de arroz e engadímoslle 2 culleradiñas de alcohol (que servirá para fixar a cor) e unha de auga morna, deixando que se humedeza.De seguido botamos entre 5 e 10 pingas de colorante alimentario (máis ou menos segundo a intensidade de cor que desexemos). Cerramos a bolsa sacando todo o aire porque agora vén a parte coa que máis imos gozar!!! tedes que sacudir e mover o arroz para que quede todo ben pintado!!! E repetiremos a mesma operación con cada cor!!!Logo estendemos o arroz sobre o papel de forno e deixamos secar arredor de 2 horas.







Unha vez que esté seco (non tinxe),  nin mancha as mans xa podedes xogar e disfrutar!!!!

As posibilidades de xogo son moitísimas, por exemplo aquí tedes algunhas:

- Mesturar o arroz de cores empregando culleres e recipientes pequenos.- Rechear botellas de plástico con arroz de distintas cores. Introducir obxectos pequenos, axitar e buscar os obxectos entre o arroz.- Trasvasar o arroz dun recipiente a outro empregando un embude e unha culler, as mans, etc...- Rechear unha cubeta con arroz de distintas cores e agochar as pezas dun  crebacabezas, logo axitar moito e atopalas para poder montalo.- Etc, etc..........

Espero que vos guste e disfrutedes!!!!!




______________________

UNS CANTOS CONTOS





















______________________

UNHA CANCIÓN







______________________

5 xuño - DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE


Con motivo da celebración de hoxe, do día mundial do Medioambiente, aquí vos deixo un conto moi especial que fala do noso planeta!! Espero que vos guste moito e moi bo fin de semana!!!












1-5 xuño

______________________

CALENDARIO MES XUÑO ASAMBLEA




 Xa cambiamos de mes!!!! acabou maio e empeza xuño, achégase o verán, e as vacacións!!!!! Aquí vos deixo o calendario do mes de xuño para a actividade da asamblea!!









______________________

PUZZLES RECORTABLES



Propóñovos outra actividade dos puzzles recortables, que sei que vos gustou!!! Aquí tedes 2!!!!












______________________

QUÉN SE ESCONDE??

Serás capaz de descubrir qué debuxos se esconden aquí???  Tes que unir os puntos seguindo os números ata o 10 e a ver qué descubres!!! Logo podes colorear!!












______________________

CÓNTAME UN CONTO








 







25-29 MAIO

______________________

EXPERIMENTOS SINXELOS CASEIROS




Aquí vos deixo 5 experimentos moi sinxelos para facer cos peques na casa!!! Espero que vos gusten!!!











______________________

RECEITA DE XEADO DE FROITAS



Como xa temos aquí o bo tempo, déixovos unha receita moi sinxela de cómo facer un xeado de iogur coa froita que máis nos guste!!! A cociñar e a papar!!!!!





XEADO DE IOGUR:


INGREDINTES:


- IOGUR NATURAL- FRESAS (OU A FROITA QUE MÁIS NOS GUSTE)- AZÚCAR- ZUME DE LIMÓN- MOLDES PARA XEADOS


PREPARACIÓN:


Nunha batidora mesturamos o iogur natural coas fresas (ou outra froita), azúcar ao gusto e algo de zume de limón.Batimos todo ata que quede ben mesturado. Preparamos os moldes para os xeados e introducimos a mestura. Poñemos os paus dos xeados (depresores de madeira ou cores) e introducimolos no conxelador.
Mummmmmm!!!!! 





______________________

POIS IMOS CONTAR UNS CONTOS.......



















18 -22 MAIO

______________________

MACARRÓNS COLORIDOS




Aquí vos propoño unha actividade moi culinaria!!! Pintamos macarróns con témperas ou rotuladores.





Logo, unha vez que os temos pintados, e lles deixamos secar, podemos facer varias cousas con eles:
1º: Podemos facer collares ou pulseiras!!!







2º: Podemos coller uns espaguettis e pegalos cunha base de plastilina nunha mesa, e logo ir ensartando os macarróns que temos pintados!





3º: Collemos os macarróns e formamos nomes! O noso nome, o dos compañeir@s, o de mamá e papá, etc......




______________________

CONTAMOS E CANTAMOS

















______________________

15 MAIO "DÍA DA FAMILIA"


FELIZ DÍA DA FAMILIA!!!!!

O día internacional da familia celébrase o 15 de maio de cada ano para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación d@s fill@s dende a primeira infancia.As Nacións Unidas consideran que a familia constitúe a unidade básica da sociedade. Neste contexto, o Día Internacional das Familias dános a oportunidade de fomentar e favorecer o mantemento e a mellora da unidade familiar.Unha boa proposta para a celebración deste día é ver unha peli tod@s xuntos, facer unha comida familiar, un bo paseo cunha reportaxe fotográfica para gardar en imaxes, os nosos recordos xuntos, ou tamén unha manualidade como adoitábamos a facer na escola....Aquí vos deixo algunhas ideas.Espero que vos gusten! E si facedes algunha espero a voso foto!!!!

















______________________

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Esta semana imos adicala a propostas de actividades sobre as Letras Galegas, que dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron para todo o cole, este ano adícase a Carvalho Calero, así que a través do enlace do blogue que vos poño a continuación e maís no documento que tamén está colgado no mesmo blogue tedes toda a información e propostas para levar a cabo as tarefas!!!

Enlace do blogue de EDLG: pxblinguagalega.blogspot.com

Boa semana das Letras Galegas!!!













5/5/20

______________________

CALENDARIO MES MAIO



Antes de nada déixovos a imaxe do calendario do mes de maio para que os nenos/as continúen coa actividade diaria da asamblea!!!






______________________

PUZZLES VOCAIS RECORTABLES


Aquí tedes as vocais en forma de puzzle, deberedes colorealas,si é o caso, recortalas e logo montar de novo o puzzle!






















______________________

LABERINTOS 




Aquí vos deixo uns laberintos moi sinxelos para que atopedes o camiño a seguir!!!!!

















______________________

POIS IMOS CONTAR UN CONTO.... UN CONTO MOI ESPECIAL.... NON SABEMOS DE QUE TRATA MÁIS PRONTO SE SABERÁAA!!!













E, COMO DESPOIS DE CONTAR, PODEMOS CANTAR, AQUÍ VOS DEIXO A CANCIÓN DE "A MELLOR SOPA DO MUNDO" 









______________________

RECEITA: A MIÑA MELLOR SOPA DO MUNDO

E xa por último, invítovos a que elaboredes a vosa propia mellor sopa do mundo, botándolle os ingredientes que maís vos gusten e sendo orixinais! Espero algunha foto cos resultados!!!!! Que pasedes unha boa semana!!!!






______________________

VIDEO "GRACIAS" - DIA DO TRABALLO-

1/5/2020 EDUCACIÓN INFANTIL PXB



Pois aquí temos o traballo realizado polas nenas e nenos de educación infantil do CEIP Praia Xardín, moitas gracias peques e moitas gracias a todas as familias pola vosa gran colaboración e apoio que nos dades sempre!!!!  FELIZ DÍA DO TRABALLO!!! E MOITAS GRACIASSSS!!!!!!
















______________________

CONTO "OSO GOLOSO CONTRA O VIRUS"

Bos días, empezo deixándovos un conto no que o Oso Goloso vos explica cómo empezar a saír da casa os peques (que xa o fixéstedes onte e espero que o disfrutárades moto) e vos dá unhas pautas a ter en conta. Espero que vos guste!!











______________________

PUZZLES RECORTABLES

Aquí vos deixo uns puzzles que tedes que colorear e logo recortar, unha vez recortados tedes que xuntar as pezas e montalos!!!



















______________________

MANUALIDADES SABROSAS




Aquí tendes unhas manualidades moi orixinais ao mesmo tempo que sabrosas que podedes facer con froitras e alimentos que teñamos na casa.  A traballar e logo a papar!!!!

1- Estas flores podemos facelas: con cachiños de froita, no medio unha galleta ou un cachiño de plátano e como talo un micado de chocolate ou un palito de pan!!!







2- Esta casiña tan chula é un sandwich de nocilla, as ventás son 2 cachiños de chocolate branco ou 2 anacos de queixo (tamén vale), a porta un cacho de galleta, e o tellado está recuberto de lacasitos!!! mauuuu!!!!









______________________

CANTAMOS ALGO...



1- O GALO CANTA.... A PITA CHORA.....










2- EU TEÑO UNHA TÍA.....








______________________

DÍA DO LIBRO - OS NOSOS TRABALLOS

Pois aquí van!!!! os marcapáxinas que as nenas e nenos de 3 anos decoraron para o Día do Libro!!! Moitas gracias peques polo traballo e gracias familias por envialos!!!!


LEO







LARA





NICO






LIA





LUCAS





MANU RIAL





NEREA RODRIGUEZ
















______________________

23 ABRIL - DÍA DO LIBRO


Bos días, como hoxe é o dia do Libro, e mentres non publico as fotos dos peques relizando os marcapáxinas, que o farei mañá para que todos poidades ver, e ver tamén aos vosos/as compis, que teredes moitas ganas, pois mentres aquí vos deixo un conto interesante para o día de hoxe.

Agardo que vos guste!!




UN BECHO EXTRAÑO









______________________

O NOSO NOME

Escribimos o noso nome de diferentes maneiras:

1º: Escribe o teu nome nestes recadros, logo contas cantas letras ten e pos o número no recadro de abaixo, e por último colorea o recadro no que pon si o teu nome é corto ou largo.




2º: Escribimos o noso nome e logo buscamos as letras que o forman en revistas, periódicos, libros ou no que atopemos pola casa, recortámolas e pegámolas debaixo.








3º: Escribimos o nome con letras moi grandes e repasámolas pegando pegatinas por encima.






4º: E xa por último, poñemos fariña nunha bandexa e co dedo escribimos o noso nome!






______________________

UN PUZZLE DESORDENADO

Aquí vos deixo un puzzle desordenado, tedes que colorealo e logo recortar as tres pezas, unha vez recortadaas, tedes que ordealas e pegalas para formar o debuxo que se esconde!






______________________


DIA DO LIBRO

Para a actividade do "Dia do Libro", o vindeiro día 23, adxúnteivos no mail uns marcapáxinas para que puidérades imprimir e decorar.
Para aquéles/as que non teñades impresora, deixovos aquí outra alternativa, un titorial de cómo elaborar un marcapáxinas sinxelo.
Agardo polos vos@s!





______________________

ASAMBLEA NA CASA


Seguimos coa actividade da asamblea na casa:
 1º: adxunto o calendario do mes de abril onde vos propoño que o neno/a rodee o número do día que corresponda.

CALENDARIO


2º: Cantamos a canción de "buenos días":cada día na clase os nenos/as cantan esta canción para saudar aos seus compañeiros/as, pero na casa pode servir para repasala e cantala convosco.


CANCIÓN BOS DÍAS





3º: Temos a canción dos días da semana: Os nenos/as coñecen moi ben a canción, deben cantala e saber que día corresponde.

CANCIÓN DÍAS DA SEMANA




4º: Poñemos o tempo que fai hoxe: esta actividade encántalles aos nenos/as, na aula cantamos a canción da ventanita da clase, e o encargado/a pon o tempo que fai no noso calendario, na casa escoitarán a canción e poden debuxar que tempo fai no día que corresponda mirando polas súas fiestras.


CANCIÓN "VENTANITA DE LA CLASE"


E xa por último, repasamos as cancións dos números que a dirario facemos na clase.


CANCIÓNS DOS NÚMEROS




 

Como parte final da asamble, o encargado/a ordea as letras do seu nome e escríbeo na pizarra, propoño que os nenos/as o sigan facendo na casa cada día xa que van ser todos os días encargados/as.




______________________

CORRE QUE CHE CONTO....... UNS CONTOS



1- POLO CAMIÑO....





2- O GRÚFALO









______________________

ACÉRCATE QUE CANTAMOS..... CON MIGALLAS!!!



1- DIME QUE FIXECHES......





2- PAN DE MILLO







______________________

ALGO EN QUE ENTRETERSE


1- MANUALIDADE "UN MINION"






2- UNHA XIRAFA