viernes, 3 de abril de 2020

RECURSOS EDUCATIVOS EDUCACIÓN INFANTIL (3-6 ANOS)

RECURSOS EDUCATIVOS EDUCACIÓN INFANTIL


______________________

MANUALIDADES PASCUA


1- CAIXA COELLIÑO 

Esta plantilla de coelliño é unha caixiña que ben pode servir para gardar os chocolates da Pascua! Debedes coloreala e doblar polas liñas de puntiños ata que vos quede a caixiña feita, unha vez rematada podedes facerlle 2 buratiños cun punzón ou unha tesoira e meterlle un cordonciño ou lazo para pechala e non perder os chocolates!










2- OVO PASCUA

Aquí vos deixo esta plantilla dun ovo de pascua que debedes colorear segundo os items marcados: os números 1 de laranxa, os 2 de azul, os 3 de verde e os 4 de amarelo.
A ver qué tal queda!!!






______________________

MÁIS MANUALIDADES... ALGO DA PRIMAVERA


1- SOL, SOLIÑO....QUÉNTAME UN POUQUIÑO

Esta manualidade sinxela representa o sol. trátase de pintar un círculo amarelo grande, cuns ollos, nariz e boca, e logo ao arredor poñer as mans dos nenos/as estampadas!!!




2- FLORES DE ESPIRAIS

Esta manualidade tamén é mooi sinxela, podemos facer as flores de moitas formas e con moitos materiais, as do exemplo serían: debuxamos un círculo e enchemos de papeliños de cor morada (ou de calquera outra cor) tamén podemos rellenar o círculo con plastilina, logo ao arredor pegamos macarróns de espiral e  para o rabiño un cordón ou lá de cor verde.







______________________

RECETAS SINXELAS PARA PASCUA



1- OVOS DE PASCUA




2- GALLETAS DE COELLIÑO




3- TORTITAS EN FORMA DE COELLIÑO

INGREDIENTES:

-150 gr de fariña de trigo
-1 cullerada sopeira de azucre
-8 gr de fermento en po
-1 chisco de sal
-200 ml de leite (1 vaso)
-1 ovo
-1 cucharadiña de manteiga
-1 plátano
-1 amorodo
-2 arandos
-1 mazá
-2 culleradas de iogur e 1 rodaxa de queixo

ELABORACIÓN:
Para facer as tortitas pon nun cunco a fariña, o azucre e o sal. Mestúraos ben. Derrite a manteiga, para íso podes poñela nun pequeno vaso durante 5-10 segundos no microondas. Noutro cunco, xunta o ovo co leite e a manteiga, e bate cunhas baleas para que quede perfectamente mesturado. Agrega aos poucos os ingredientes secos e mestúrao todo.
Coloca sobre o lume unha tixola pequena antiadherente (a temperatura media-alta9 e bota aos poucos a masa ata que as tortitas vaian tomando forma. Para desdeñar o coello colle unha tortita grande e outras dúas pequenas nas que deberás colocar tres ou catro tiras de queixo (a modo de bigotes). Para o nariz usa un amorodo cortado, para os ollos fixa dous arandos sobre dúas culleradas de iogur. Para as orellas usa dous plátanos. E deseña os dentes con dous anaquiños de mazá.
Podes acompañar o prato con marmelada, nata ou sirope de chocolate!!!
BO PROVEITO!!!!!


__________________

UNS CANTOS CONTOS MÁIS.........

E xa para rematar, deixovos outros contiños para estes días de Semana Santa.....


1- EL CONEJITO DE PASCUA




2- O GALO QUIRICO



3- TIO LOBO





4- O COELLIÑO BRANCO



BOA SEMANA A TOD@S E MOITO ÁNIMO!!!!!!



__________________

LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA



CADERNOS LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA

Nesta dirección atoparades o enlace a unhs cadernos de lecto-escritura e lóxico-matemática pensados por niveles que a editorial Edelvives nos aporta de forma gratuíta, si pinchades no enlace tendes toda a información.


______________________

XOGOS DIDÁCTICOS 




O mesmo para estes xogos que a editorial Edelvives tamén nos proporciona para estes días de cole na casa.

______________________

MANUALIDADES CINEASTAS


Propoño estas dúas manualidades relacionadas co noso proxecto do CINE na escola.







______________________


UN OBRADOIRO DE COCIÑA: BISCOITO DE COLACAO 



E, xa para rematar a xornada, déixovos unha receita moi sinxela de biscoito de chocolate que podedes facer cos peques nun periquete!!!!

___________________

ASAMBLEA NA CASA

Propoño unha nova actividade á que lle chamaremos "asamblea na casa":

 1º: adxunto o calendario do mes de abril onde vos propoño que o neno/a rodee o número do día que corresponda.

CALENDARIO


2º: Cantamos a canción de "buenos días":cada día na clase os nenos/as cantan esta canción para saudar aos seus compañeiros/as, pero na casa pode servir para repasala e cantala convosco.



CANCIÓN BOS DÍAS




3º: Temos a canción dos días da semana: Os nenos/as coñecen moi ben a canción, deben cantala e saber que día corresponde.


CANCIÓN DÍAS DA SEMANA



4º: Poñemos o tempo que fai hoxe: esta actividade encántalles aos nenos/as, na aula cantamos a canción da ventanita da clase, e o encargado/a pon o tempo que fai no noso calendario, na casa escoitarán a canción e poden debuxar que tempo fai no día que corresponda mirando polas súas fiestras.



CANCIÓN "VENTANITA DE LA CLASE"

E xa por último, repasamos as cancións dos números que a dirario facemos na clase.



CANCIÓNS DOS NÚMEROS



 

Como parte final da asamble, o encargado/a ordea as letras do seu nome e escríbeo na pizarra, propoño que os nenos/as o sigan facendo na casa cada día xa que van ser todos os días encargados/as.


______________________

XOGOS EDUCATIVOS


RELACIONA AS MASCOTAS

https://www.juegos.com/juego/uniendo-mascotas-2


AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/aprendamos-las-formas

______________________

UNS CANTOS CONTOS... 


LOBO FEROZ



OS SETE CABRITOS



O GATO NA ÁRBORE



A PRINCESA DO CAUREL



A TOUPIÑA




                                                            ______________________

UNHAS CANTAS CANCIÓNS...


AS CATRO ESTACIÓNS



CANCIÓN PRIMAVERA



MIÑA ABUELA MANUELA - MIGALLAS


COCORICO - CONTOS EN CANTOS



MEU MUNDO É - BRINCA VAI! PACO NOGUEIRAS


______________________

XOGO EDUCATIVO





______________________


XOGOS DE ATENCIÓN E MEMORIA

______________________

¿QUE TEMPO VAI HOXE?


DEBUXAO NUN PAPEL... NUBES, SOL, CHOIVA, RELÁMPAGOS...



______________________

EXPRESIÓN PLÁSTICA







No hay comentarios:

Publicar un comentario